Mostras fotográficas itinerantes do Camiño de Santiago

Turismo de Galicia continúa coa súa labor de difundir os valores do Camiño de Santiago a través da itinerancia de exposicións que deixan de releve a importancia adquirida polo fenómeno xacobeo e o grande interese que continúa espertando.

Así, nesta semana foi inaugurada no municipio granadino de Guadix a exposición Acogida y Hospitalidad en el Camino de Santiago. Fotografías de Manuel G. Vicente que poderá visitarse no Palacio de Villalegre ata o 30 de marzo.

Por outra parte, Turismo de Galicia, en colaboración coa Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Sudeste Caudete e o concello deste municipio de Albacete, inaugurou tamén a exposición Camino de Santiago. Una visión desde oriente, do fotógrafo xaponés Tomohiro Muda.