Lugo foi en marzo a cidade con aloxamento máis barato

O comparador de prezos de hoteis e viaxes www.trivago.es vén de declarar a Lugo como cidade máis económica para aloxarse no mes de marzo, cun prezo de 58 euros, cunha diferenza de máis de 39 euros con respecto á máis cara. Ademais de Lugo, atópanse nesta lista A Coruña, Santiago, Salamanca e Lleida. 

Esta distinción, a segunda en menos de 6 meses e que se suma ao recoñecemento de Destino Recomendado 2014 que tamén lle outorgara esta plataforma que opera en máis de 20 países, é unha nova oportunidade para seguir incrementando os viaxeiros que recibe Lugo e para aumentar a pernoctación no municipio. Lugo tamén foi destino máis económico en xaneiro do pasado ano.