A Consellería do Mar, participa na feira Seafood Boston 2017, que se celebra nos Estados Unidos, onde compareceron 12 empresas galegas que se albergan no posto da Xunta de Galicia. Alí deuse cita directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez Moreda, que aproveitoupara manter unha xuntanza de traballo cos organizadores da Seafood de Bruxelas, Hong Kong e Boston, coa finalidade de negociar o espazo dos postos da Consellería nestas feiras o vindeiro ano.
Ademais de rendir visita aos stands de México e Perú, dous países nos que Galicia ten interese en materia de pesca e comercialización de produtos do mar, visitou outras empresas de orixe galega presentes neste certame, como Pescanova, Iberconsa e Rotogal.
Galicia participa neste evento cun posto institucional de máis de 167m², o único de España presente neste certame, que dá cabida ás empresas galegas coexpositoras do sector, pertencentes a maioría ao sector do conxelado. Tamén hai empresas do ámbito da conserva e da acuicultura. Ademais, o posto da Xunta tamén conta cunha área destinada a centro de negocios, na que as empresas poden manter encontros para ampliar o seu mercado.
A Seafood de Boston é o evento comercial de produtos marítimo-pesqueiros máis grande de América do Norte e este ano celebra a edición número trixésimo séptima. Nesta feira danse cita 21.000 visitantes profesionais de máis de 90 países. Conta cun espazo de 60.000m² en total, no que se promocionan 1.200 empresas expositoras de 40 países distintos vinculadas aos produtos do mar frescos, conxelados, da acuicultura e envasados e tamén profesionais que se dedican á provisión de equipamentos e transporte, loxística e maquinaria.