Fragas do Eume acolle unha nova edición do Concurso de Cociña

O xoves día 23 de marzo, celébrase no IES Fragas do Eume a XVIII edición do concurso de cociña e coctalaría "Xosé Rodríguez Moldes-Rey", no que participan alumnos de toda Galicia e norte de Portugal.

O Concurso naceu no ano 2000 como homenaxe a un profesor do centro falecido o ano anterior e que lle da nome o evento. A esta emotiva razón engadiuse o interese do profesorado e a dirección do IES por promover iniciativas onde os alumnos demostrasen a súa creatividade e os coñecementos adquiridos nesta etapa formativa.

No apartado de cociña, este ano continuamos coa dinámica establecida nas pasadas edicións cunha elaboración tradicional, Paella, que deberá ser realizada exclusivamente cos ingredientes propostos nas bases do concurso e unha elaboración creativa a base de Xuliana.

No referente á coctelería a proba valorará a destreza e técnica dos participantes, a partir de un receitario internacional de coctelaría. Neste caso a participación e a titulo individual.

Dende haí cinco anos celebrase simultaneamente un concurso de creación de carteis anunciador do evento, no cal se invita a participar aos centros con ensinanzas de artes gráficas e artísticas

O evento conta co recoñecemento e colaboración tanto da Consellería de CulturaEducación e O.U. (a través da Dirección Xeral de Educación , F.P e Innovación Educativa) así como do concello de Pontedeume, a Asociación de Empresarios de Hostalería de Ferrolterra e outras entidades.