Fene iniciou o ciclo “Primavera no Camiño Inglés”

Comenzou o ciclo "Primavera no Camiño", unha serie de conferencias divulgativas sobre a historia do Camiño Inglés e os seus múltiples atractivos etnográficos, culturais, naturais e arquitectónicos, a cargo do xornalista Cristóbal Ramírez, presidente durante vinte anos da Asociación de Xornalistas do Camiño de Santiago e experto en divulgación das rutas xacobeas.

O ciclo, impulsado pola Deputación da Coruña, se desenvolverá en oito municipios coruñeses polos que discorre este itinerario xacobeo, comenzou onte na Casa da Cultura de Fene e continuará en Narón, Abegondo, Cambre, Betanzos, Carral, Oroso e Pontedeume, co obxecto de "divulgar os segredos desta ruta bicéfala, que conecta A Coruña e Ferrol con Santiago de Compostela e que pode percorrerse comodamente en catro días", explicou Ramírez.

En cada unha destas conferencias distribuirase o novo material de promoción que a Deputación ven de editar específicamente para esta campaña, entre os que se inclúen folletos informativos de cada unha das etapas, nos que se describen algúns dos lugares de interese que os peregrinos atoparán durante a viaxe: bosques frondosos, praias de augas cristalinas, antigos faros e cruceiros e camiños rurais cheos de historia.

O obxetivo esta campaña a institución provincial pretende "unir as forzas da Deputación e dos dezaoito concellos polos que pasa o Camiño Inglés" para aproveitar o "enorme potencial turístico e económico" desta antiga ruta xacobea, apuntou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso.

O apoio da Deputación ao Camiño Inglés non se circusncribe só a esta campaña, lembrou o deputado de Turismo, Xosé Regueira, senón que a institución provincial vén desenvolvendo dende hai anos diversas accións de divulgación e mellora da ruta, que van dende a elaboración dunha auditoría sobre o seu estdado ou a mellora da sinalización á promoción da mesma en grandes eventos turísticos como Fitur.