Buscar/Hemeroteca

jueves, 16 de marzo de 2017

Baltar busca alianzas estratéxicas en USA para as empresas ourensanas

As estratexias de networking para os sectores clave da economía ourensá están sendo relevantes na axenda do presidente da Deputación, Manuel Baltar, na II Misión USA-Ourense, que ten por obxectivo potenciar as relacións económicas entre empresas de ámbolos dous territorios.

Baltar reuniuse con directivos de Brookings Institution, un dos centros de investigación social máis antigo de Washington, e con representantes da Cámara de Comercio EEUU-España, entidades que confirmaron a súa colaboración con esta misión na procura de busca de espazos de oportunidades empresariais para os sectores máis competitivos da economía ourensá.

A alianza con Brookings, entidade situada na vangarda das políticas de innovación, "abrirá novas posibilidades de mercado para as empresas ourensás, nos encontros que se celebren no marco da misión, centrando a súa cooperación nos posibles investidores que puideran estar interesados en desenvolver proxectos conxuntos con empresas dos sectores de actividade máis característicos e de maior competitividade da provincia de Ourense", salienta Baltar,

Brookings está a desenvolver programas como Global Cities, nos que seleccionan territorios que aposten pola innovación como sede de proxectos estratéxicos, de aí o interese desta organización por coñecer o proxecto "Provincia Intelixente" e a importancia do liderado institucional da Deputación de Ourense.

No hay comentarios: