Ata o 19 de marzo pódense degustar as tapas inspiradas na XVII Mostra de Teatro Clásico de Lugo

A última sesión das 4 obras de sección ofical da XVII Mostra de Teatro Clásico terá lugar este sábado, 4 de marzo. A compañía Voadora celebra dez anos facendo teatro traendo ao Gustavo Freire a representación de Soño dunha noite verán. As entradas aínda se poden adquirir na web www.entradaslugo.es, na Oficina Municipal de Turismo e no propio auditorio unha hora antes do comezo da representación. 

En canto á sección off, as obras continuarán este domingo, o mércores 8, e a fin de semana do 18 e 19 de marzo. Nesta edición da mostra, o Goberno apostou por xuntar actores e compañías de renome con agrupacións locais, dándolles máis participación, como Illa Ollo ou Palimoco, entre outros.

Paralelamente ás representacións teatrais, a XVII Mostra de Teatro Clásico ofrece a posibilidade de probar as tapas inspiradas nas obras que engloba o programa desta mostra, e que se poderán degustar ata o 19 de marzo por un prezo de 2 euros. Os establecementos participantes son Arrocería os Cachivaches, Canela Bakery Coffee, Mesón de Alberto, Restaurante Antas de Ulla, Mangiarte, Manuel Manuel, La Encina, España, Xoldra e Mesón El Castillo.