Buscar/Hemeroteca

jueves, 30 de marzo de 2017

As Cidades Patrimonio da Humanidade blindan a protección urbanística

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e os Colexios oficiais de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de 14 cidades veñen de asinar un convenio de colaboración para a protección integral dos conxuntos históricos españois integrados na lista de Patrimonio da Humanidade.

Os encargados de rubricar este convenio foron a presidenta do GCPH e alcaldesa de Cáceres, Elena Nevado, e o presidente dos Colexios oficiais de Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Cáceres, Diego Salgas, da Coruña, Carmen Piñeiro Lemus, de Toledo, José Antonio de la Vega García, de Badajoz (Mérida), Manuel Luís Gómez González, de Cuenca, Laura Segarra Cañamares e de Salamanca, Melchor Izquierdo Matilla, o que supón a implicación de ata 29 entidades diferentes, como destacou a rexedora cacereña.

Neste sentido, a participación das cidades e os colexios, sinalou Nevado, dá a dimensión da importancia deste convenio, o que destacou como "un exemplo de traballo en común e coordinación" co fin de "buscar a colaboración de todos para a protección integral dos conxuntos históricos españois incluídos como tales na lista de Patrimonio da Humanidade", ademais da promoción conxunta e a difusión ante as administracións e a sociedade.

O Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España é unha asociación sen ánimo de lucro, creado en 1993, cuxo obxectivo é actuar de maneira conxunta na defensa do patrimonio cultural e na promoción turística das 15 cidades que forman a rede, cuxos centros históricos foron recoñecidos pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade: Alcalá de Henares, Ávila, Baeza, Cáceres, Córdoba, Conca, Eivissa, Mérida, Salamanca, San Cristóbal de la Laguna, Santiago de Compostela, Segovia, Tarragona, Toledo e Úbeda son os integrantes

No hay comentarios: