Buscar/Hemeroteca

martes, 7 de marzo de 2017

Apoio da Deputación da Coruña o Formun Gastronómico

A presentación do programa do Fórum Gastronómico A Coruña 2017, contou coa presenza do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, xunto co alcalde coruñés, Xulio Ferreiro; o responsable de Trade Marketing de Estrella Galicia, Manel Pérez Piñón; os directores do evento, Pep Palau e Jaume von Arend, e o presidente da asociación Coruña Cociña, Pablo Pizarro.

Para a celebración deste evento a Deputación Provincial aporta un total de 218.000 euros. Segundo afirmou González Formoso, o Fórum converterá A Coruña na "capital da gastronomía a nivel estatal", xa que, ademais dos 200 postos que expoñerán os seus produtos e servizos, durante os tres días do Fórum daranse cita profesionais de renome nos eidos da restauración e das industrias alimentarias, tales como Pepe Solla ou Josep Roca.

A celebración do evento por sexta vez na provincia da Coruña "ofrecerá un punto de encontro consolidado e un escaparate comercial aos nosos produtores e artesáns, ás industrias, aos comercios, ás asociacións e aos demais actores implicados no eido gastronómico", favorecendo a "creación de lazos e sinerxías tanto entre os participantes galegos coma cos procedentes de toda España e de países como China, Holanda ou Portugal", sinalou Formoso.

"Dicir Galicia é dicir gastronomía, e a provincia da Coruña ten os recursos e a capacidade para converterse no centro neurálxico deste tipo de turismo", sinalou González Formoso, e lembrou outras iniciativas que a Deputación leva a cabo co obxectivo de fomentar o turismo gastronómico, entre as que se atopan os stands promocionais na Vuelta Ciclista e no Festival de la Luz, ou a promoción de produtos típicos e artesanais fora das nosas fronteiras en lugares como Londres ou París.

No hay comentarios: