Análise da proposta estratéxica para os Anos Santos 2021 e 2026

O alcalde da cidade de Santiago e presidente do organismo interadministrativo, Martiño Noriega, presidiu a Comisión Executiva do Consorcio da Cidade de Santiago. Na xuntanza presentouse o primeiro documento de proposta estratéxica elaborado polo Consorcio para o horizonte dos vindeiros Anos Santos 2021 e 2026 para a súa análise pola Comisión Executiva.

Xa presentado o documento, queda aberto un prazo para o debate e a aportación de suxestións por parte de todas as Administracións e membros participantes. Nas vindeiras semanas iranse incorporando novas propostas co fin de mellorar o documento.

Na xuntanza tamén se trataron os actos previstos para conmemorar os 25 anos da creación do Consorcio. E aprobáronse varias liñas de axudas no marco do Programa de Recuperación Urbana do organismo e unha serie de convenios con fins culturais, entre eles, axudas para a rehabilitación de madeira e reixas, axudas a locais comerciais , o acondicionamento do sendeiro do río Sarela, a praza de director técnico da Real Filharmonía de Galicia, e a despedida ao secretario do Consorcio