A XVIII Mostra de Teatro Clásico de Lugo acolleu a máis de 5.500 persoas

Á XVIII Mostra de Teatro Clásico, organizada polo Concello de Lugo, máis de 5.500 persoas gozaron de que incluíu 12 obras -5 na sección oficial e 7 na sección off- dende o pasado mes de febreiro.

Unha media de máis de 400 persoas asistiron ás representacións da sección oficial. A obra que máis interese espertou nesta edición foi a de La Asamblea de las Mujeres, cunha asistencia de máis de 862 persoas, e Soño dunha noite de verán, cunhas 440, o que da boa mostra da máis que positiva participación nesta programación.

O Goberno apostou por xuntar actores, actrices e compañías de renome con agrupacións locais, dándolles máis participación, como Illa Ollo, Lucecús Teatro, Pinchacarneiro ou Palimoco, entre outros. Aínda así, a variación do público depende do electo artístico da obras. Ademais, incluíu outras disciplinas e formatos menores, como a ópera, co obxectivo de realizar un programa do máis variado posible.

Outra das novidades foi o formato, debido ao éxito que sementaban as obras as pasadas edicións os sábados en comparación coas dos xoves, de aí que se buscase a celebración das obras da sección oficial as fins de semana, para garantir as mesmas oportunidades a toda a cidadanía. Celebróuse unha sesión pola semana, a do día 8 de marzo, enmarcada dentro do Día Internacional das Mulleres, así como espectáculos de pequeno formato na rúa, abertos á cidadanía.