Buscar/Hemeroteca

jueves, 9 de marzo de 2017

A Feira do Viño do Ribeiro xa ten cartel anunciador

O cartel gañador da 54ª Feira do Viño do Ribeiro está deseñado pola profesional Agustina Jouandon, orixinaria de Arxentina e actualmente afincada en Santiago de Compostela. O xurado do concurso reunido na sede do Consello Regulador da dita Denominación, en Ribadavia, tivo que elexir entre 188 propostas presentadas. A Feira do Viño do Ribeiro 2017 celebrarase en Ribadavia do 29 de abril ao 1 de maio. 

A gañadora é deseñadora gráfica e ilustradora con máis de 7 anos de experiencia. Rematou os seus estudos na Universidad de Buenos Aires e traballou en varios estudos de deseño para grandes marcas e medios de comunicación de Argentina. Traballou en Suecia onde dirixiu o departamento de comunicación The Connectors Society dedicada á innovación social. Participou en distintas mostras como “Inspiration Fest Buenos Aires”, “Fête du graphisme” en París, STPLN Window Project, Malmö, entre outros.Afincada actualmente en Santiago de Compostela, desenvolve a súa actividade laboral na área de la ilustración. 

Para a elección do seu cartel anunciador, o Concurso de Carteis da 54ª Feira do Viño do Ribeiro contou cun xurado multidisciplinar integrado por profesionais no ámbito das artes, comunicación e deseño gráfico. Ao longo da xornada de deliberación das preto de 200 obras participantes foron sometidas ao xuízo destes profesionais, resultando a obra gañadora premiada con 1.500€.


No hay comentarios: