A Deputación de Ourense destina 100.000 euros para o plan "Exportou"

depourense.es
O Plan "Exportou surxe impulsan a internacionalización das empresas de Ourense, e é froito do convenio de colaboración asinado presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e o presidente da Confederación Empresarial de Ourense, José Manuel Pérez Canal, có fin de trazar as liñas de actuación a levar a cabo durante o ano 2017.

"Plantexamos este ambicioso plan de apoio á internacionalización ás empresas de Ourense, "Exportou", para o cal o goberno provincial vai destinar unha axuda de 100.000 euros, que será aprobada na sesión plenaria correspondente ao mes de abril", explicou Manuel Baltar. É "unha iniciativa que a Deputación de Ourense vén materializando nos últimos anos, como coa Misión comercial USA-Ourense, avalada polo goberno estadounidense, no ano 2016, froito das conversas que mantivemos co empresariado de Ourense", dixo o presidente da Deputación de Ourense.

Baltar adiantou que este ano "imos poñer en marcha unha Misión Empresarial a Israel, no mes de maio, froito dunha xuntanza que mantivemos no Pazo Provincial con representantes de entidades empresariais e con empresas da provincia. Trátase de levar a cabo iniciativas entre todos para xerar en Ourense un espazo de desenvolvemento económico e empresarial".

O presidente da CEO, ademais de agradecer a colaboración da Deputación de Ourense, explicou que este Plan vai dirixido a: "asesorar e acompañar ás empresas que nunca exportaron para que se inicien no camiño da internacionalización e, por outra parte, a axudar a aquelas empresas que xa están hoxe a exportar, a incrementar os seus mercados e as súas relacións no exterior".