15.000 euros para a MOEXMU e á Festa da Filloa

O encontro entre o Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e os representantes da comisión organizadora da Mostra Exposición de Muimenta (MOEXMU) e da Festa da Filloa, que acolle o Concello de Cospeito culminóuse co compromiso dunhacomprometeu unha axuda de 15.000 euros para contribuír á celebración destas citas que “impulsan o sector agrogandeiro e dinamizan a economía local”.

Grazas ao traballo dun grupo de veciños de Cospeito que decidiron unir esforzos co fin de promover este dous eventos, xa consolidados na nosa provincia, e que serven de escaparate gandeiro e gastronómico da Terra Chá naceron o MOEXMU e a Festa da Filloa, destacou O Presidente. 

MOEXMU naceu en Muimenta no ano 1985 co obxectivo de impulsar actuacións para promocionar o comercio, o tecido empresarial, a actividade gandeira e agrícola. Actualmente, xa se converteu nun referente do sector agrogandeiro do país, tanto pola presenza coma pola calidade das cabezas de gando participantes.

A festa da Filloa naceu no ano 1992. É unha cita gastronómica, declarada de Interese Turístico Galego, que potencia un dos produtos máis típicos da Terra Chá.