Buscar/Hemeroteca

martes, 21 de febrero de 2017

#UpdatePeme_Turismo: Como a dixitalización pode axudar ás empresas turísticas

O vindeiro xoves 23 de febreiro de 19:00h a 20:30h no Salón de actos do Edificio Cinc da Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) celebrarase ó #UpdatePeme_Turismo: Como a dixitalización pode axudar ás empresas turísticas, organizado pola Amtega en colaboración co Clúster Turismo de Galicia.

A transformación dixital reinventa as organizacións grazas á utilización das tecnoloxías, mellorando tanto os procesos internos como os externos e a relación cos clientes. O obxectivo da xornada é coñecer, de primeira man, a experiencia de catro empresas que aplicaron aos seus modelos de negocio as tecnoloxías dispoñibles e como estas cambiaron o seu día a día. Este é o programa: 

19.00 Apertura e presentación
19.05 A aplicación das novas tecnoloxías na comercialización turística. Enrique Lancis
19.30 Mesa moderada polo Clúster Turismo de Galicia
Consolidadores na distribución turística, con Diego Otero de Abramar viajes. Comunicación 2.0 para turistas con Merchi Rodal, de Apartamentos Rodeiramar 2A. Coñece os sistemas de seguimento de prezos nas distintas canles de comercialización, con Óscar Fontán do Hotel Oca Puerta del Camino. Descubre ferramentas de venda tecnolóxica para a reserva dun hotel, con Rafael Benito do Hotel Hesperia Finisterre da Coruña
20.20 Rolda de preguntas e debate

No hay comentarios: