Sétima edición do Salón Retro Galicia

Este venres inicia a súa sétima edición o Salón Retro Galicia no recinto feiral de Vigo. Con un espazo de 17.000 m2, a feira galega do vehículo clásico e de época renderá unha homenaxe especial a Ferrari, polo seu 70 aniversario. 

Aqueles asistentes que se acheguen ao Ifevi en coches ou motos clásicas contará un aparcamento gratuíto, cuberto e vixiado e o número de expositores roldará os 80 mentres que serán preto de 200 os vehículos en exhibición. 

O gran atractivo desta edición e colección de máis dunha vintena de deportivos italianos, entre os que destaca un Ferrari 250 GTO Alegretti ou un Daytona Cabrio que, cedidos por propietarios particulares de Galicia.

Ao longo de toda a fin de semana desenvolveranse múltiples actividades, destacando o sábado unha concentración de Ferrari e outra de superdeportivos GT. Tamén se organizará o XI Rally de Primavera, coa posterior exposición dos coches participantes.