Rubén Riós rodará na Ribeira Sacra o seu primeiro filme

www.depourense.es
A primeira longametraxe como director do actor e produtor ourensán Rubén Riós terá ao territorio da Ribeira Sacra como protagonista. O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial aos alcaldes da Teixeira, Nogueira de Ramuín e Parada do Sil, para analaizar o proxecto.

A Deputación de Ourense e os concellos de Parada do Sil, A Teixeira e Nogueira de Ramuín colaborarán con este proxecto, un filme que se configura como unha homenaxe aos avós, "titulares dun patrimonio emocional que as actuais xeracións debemos reivindicar", afirmou O presidente do goberno provincial.

O filme, que contará coa participación de actores e actrices de primeiro nivel, rodarase en 2019. Os tres municipios da Ribeira Sacra acollerán a rodaxe da película, que tamén se desenvolverá noutras zonas de España é mesmo en Portugal, contribuíndo a darlle un perfil internacional a produción. "Será unha magnífica oportunidade para poñer en valor a riqueza paisaxística e monumental da Ribeira Sacra e o tesouro vivencial das lembranzas e actitudes dos nosos maiores", expresou Manuel Baltar.