Presentación da XIV Festa da Filloa da Pedra

O Concello Da Baña e a Asociación Fillas da Pedra da Baña presentan este martes, 21 de febreiro, ás 12.30 horas, a XIV FESTA DA FILLOA DA PEDRA, que se vai celebrar no concello da Baña o 12 de marzo de 2017.

Estarán presentes no acto  Andrés García Cardeso, alcalde da Baña,  Mónica Tomé Rey, secretaria da Asociación Filloas da Pedra da Baña, Arita Pais Salvande, filloeira maior da Asociación e  Alba Losa Landeira, unha das filloeiras máis novas

O acto celebrarase no Salón San Marcos do Parador Hostal dos Reis Católicos de Santiago a partir das 12.30 horas. A Asociación Filloas da Pedra da Baña fará unha demostración en vivo. Trasladará ata o Hostal dúas pedra para elaborar filloas en directo.

Tamén se poderán degustar diferentes receitas elaboradas con filloas da pedra.