Buscar/Hemeroteca

lunes, 6 de febrero de 2017

O entroido dos Xenerais do Ulla contará có apoio da Deputación de Pontevedra

O deputado provincial de Turismo de Pontevedra, Santos Héctor, confirmou que a Deputación manterá o apoio institucional á celebración do entroido dos Xenerais do Ulla nos concellos de A Estrada, Vila de Cruces e Silleda.

O entroido dos Xenerais do Ulla comenzou na primeira metade dos século XIX e algúns investigadores vinculan o seu nacemento cunha parodia das guerras carlistas e dos distintos enfrontamentos armados que se sucederon durante ese período histórico.

Na provincia de Pontevedra, as parroquias nas que se celebran os festexos son Dorneda, Bandeira e Lamela (Silleda), Merza, Piloño e Salgueiros (Vila de Cruces) e Santa Cristina de Vea, A Estrada, Cora, Couso, Santeles e Paradela (A Estrada). Na provincia da Coruña son as parroquias de Sergude e Lestedo (Boqueixón), Aríns, Santa Lucía, Marrozos e Angrois (Santiago de Compostela), Reis, Cacheiras, Oza, Rarís, e Recesende (Teo), Bama, Fao e Fontedíaz (Touro) e Vedra, San Xián de Sales, Trobe, Illobre e Vilanova (Vedra). 

Durante as festas de entroido, xenerais e correos engalanados percorren a cabalo as distintas parroquias destes municipios, acompañados dun exército de abandeirados, coros e comparsas e rematan a xornada escenificando un enfrontamento dialéctico por parellas, denominado atranque ou alto, no que se fai burla ou sátira de asuntos locais ou de actualidade.

No hay comentarios: