O 15 de marzo remata o prazo para solicitar axudas da Deputación da Coruña para a contratación de persoal de turismo

A área de Turismo da Deputación da Coruña destina 800.000 nunha liña de axudas co fin de contribuír á creación de emprego no sector e á mellora e profesionalización do servizo de atención turística dos concellos.

Ás 14:00 horas do día 15 de marzoremata o prazo para que os concellos opten a estas axudas da Deputación da Coruña para a contratación de persoal para as oficinas de turismo dos concellos, que financiaran as retribucións do persoal técnico para as oficinas de turismo dos concellos ou agrupacións de concellos de poboación inferior a 50.000 habitantes, por un período mínimo de 4 meses, coincidindo coa temporada alta turística.

O deputado responsábel da área de Turismo, Xosé Regueira sinalou que "Preténdese achegar coñecemento e calidade ás administracións coa contratación de persoas especializadas nas oficinas de información ademais de contribuír á empregabilidade de persoas con formación no sector", e prevé que as novas contratacións contribúa á incrementar a planificación turística e aumentar tamén o período de atención ás persoas visitantes. "As liña influirá directamente no número de contratos que se formalizarán desde as administracións locais e é un avance á hora de achegar coñecemento e formación no sector aos municipios", engadiu o deputado.

A liña da área de Turismo reverterá na creación de postos de traballo no sector turístico, un dos obxectivos nos que leva traballando o departamento que dirixe na Deputación da Coruña, Xosé Regueira. O persoal que opte ás prazas dos concellos deberá estar en posesión dos títulos de técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística, Turismo, técnico en Empresas e Actividades
Turísticas ou grao e licenciatura en Historia da Arte, Humanidades, Xeografía e Ordenación do Territorio ou Historia.

Na seguinte ligazón pódese consultar a convocatoria: http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/24/2017_0000001412.pdf