Buscar/Hemeroteca

lunes, 20 de febrero de 2017

Ferrolterra-Rías Altas, xeodestino surfista e slow

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou o gran potencial turístico de Ferrolterra-Rías Altas nun acto no que se expuxeron as actuacións de promoción levadas a cabo no marco do convenio de colaboración coa mancomunidade do dito xeodestino. Alí fixo rferenza á achega de 60.000 euros para o desenvolvemento conxunto de numerosas accións centradas principalmente en dúas liñas de traballo: o produto turístico de surf Costa das Ondas e o produto Turismo Slow.

Así, segundo explicou, realizouse unha identificación e clasificación tanto dos servizos turísticos directamente asociados ao surf como daqueles servizos denominados surf-friendly así como outras accións de dinamización do sector e promoción do produto. 

En referencia ao produto Turismo Slow, Nava Castro sinalou que se levou a cabo un seguimento dos aloxamentos que forman parte desta oferta e se incorporaron novos establecementos a ela, ademais de promover os espazos vinculados á feira ecolóxica internacional Biocultura.

Por outra parte, destacou unha liña de traballo sobre o concepto de street art a través da cal, coa colaboración de distintos artistas, se realizaron murais en Cariño, Cerdido, Mugardos, Narón, Pontedeume e Vilarmaior, que melloraron a imaxe do destino.

Así mesmo, a responsable de Turismo da Xunta resaltou a edición dun plano para percorrer recoñecendo as interpretacións realizadas por diversos artistas a partir da obra de Velázquez no marco do movemento das Meninas de Canido.



No hay comentarios: