"Cemiterios Vivos" xa conta co cemiterio municipal de San Froilán

O proxecto turístico e cultural Cemiterios Vivos, unha iniciativa creada pola Asociación Nacional de Funerarias e Cemiterios Municipais, conta xa na súa rede co Cemiterio municipal de San Froilán 

Os camposantos asociados, a través do portal web www.cementeriosvivos.es, obteñen unha maior visibilidade e seon facilmente accesibles, potenciando o seu atractivo turístico e cultural a nivel nacional e internacional.

Esta rede de cemiterios españois permite compartir as sinerxías que se obteñen con este proxecto, mediante a posta en común de experiencias e propostas con outros cemiterios e contar cun espazo no que difundir todas as actividades que desenvolven no cemiterio ao longo do ano.

Lugo accede así a todas as accións de difusión e promoción que realiza a Asociación Nacional de Funerarias e Cemiterios Municipais mediante Cemiterios Vivos. Como parte deste proxecto, o Concello instalará dous carteis promocionais da campaña en diferentes dependencias municipais, como pode ser o propio recinto do cemiterio.