A Deputación de Ourense destina 200.000 euros aos consellos reguladores vinícolas

Montserrat Lama
A Deputación de Ourense destina este ano un total de 200.000 euros para os Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe vitivinícolas da provincia de Ourense (50.000 euros a cada un): Ribeiro, Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra, para accións de promoción e xestión durante o ano 2017. 

Estas axudas, que a Deputación de Ourense concede por segundo ano consecutivo, constitúen “unha aposta por potenciar a imaxe de marca dos catro territorios produtores de viño na nosa provincia”, dixo a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen explicou que se trata dun “sector cun importante peso no ámbito económico ourensán, pero que tamén ocupa un destacado lugar a nivel nacional, tanto polo número de denominacións de orixe situadas nunha única provincia como pola calidade dos seus produtos”. 

Así mesmo, o compromiso da Deputación de Ourense con este sector non só está presente na concesión destes 200.000 euros en axudas, senón tamén “nos contactos periódicos co presidente da institución provincial, Manuel Baltar, mantén cos presidentes dos consellos reguladores para analizar estratexias e proxectos de promoción e dinamización”, sinalou a deputada provincial.