800.000 euros da Deputación da Coruña para novas contratacións de persoal das oficinas de turismo

A Deputación da Coruña financia as retribucións do persoal técnico para as oficinas de turismo dos concellos ou agrupacións de concellos de poboación inferior a 50.000 habitantes, por un período mínimo de 4 meses, coincidindo coa temporada alta turística. Para este fin, a área de Turismo destina 800.000 € que teñen como obxectivo contratación de persoal especializado para manter abertas as oficinas de turismo, cando menos, catro meses en temporada alta.

"Preténdese achegar coñecemento e calidade ás administraciós coa contratación de persoas especializadas nas oficinas de información ademais de contribuir á empregabilidade de persoas con formación no sector", sinala o deputado responsábel da área de Turismo, Xosé Regueira que prevé que as novas contratacións contribúa á incrementar a planificación turística e aumentar tamén o periodo de atención ás persoas visitantes. "As liña influirá directamente no número de contratos que se formalizarán desde as administracións locais e é un avance á hora de achegar coñecemento e formación no sector aos municipios", engadiu o deputado.

Os criterios de baremación das solicitudes contemplarán o número total de aloxamento en establecementos turísticos do concello ou agrupación dos concellos, a capacidade de cobertura da demanda turística, o que significa a existencia de oficinas de información turística diferenciadas e un área ou servizo de seu no concello con persoal asignado, entre outras ou o interese turístico e a planificación sostida.

A liña da área de Turismo reverterá na creación de postos de traballo no sector turístico, un dos obxectivos nos que leva traballando o departamento que dirixe na Deputación da Coruña, Xosé Regueira. O persoal que opte ás prazas dos concellos deberá estar en posesión dos títulos de técnico superior en Guía, Información e Asistencia Turística, Turismo, técnico en Empresas e Actividades Turísticas ou grao e licenciatura en Historia da Arte, Humanidades, Xeografía e Ordenación do Territorio ou Historia.

Na seguinte ligazón pódense consultar as bases completas da convocatoria:

http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2017/02/15/2017_0000001193.html