Buscar/Hemeroteca

lunes, 30 de enero de 2017

Turismo de Galicia participa no Salon des Vacances

O Salon des Vacances da capital belga celebra este ano a súa 59 edición como un dos certames turísticos máis importantes do norte de Europa e contará como en anos anteriores coa presenza da oferta turística galega a través dun espazo de promoción no que participará Turismo de Galicia.

Así, entre os días 2 e 5 de febreiro, o recinto feiral Brussels Expo acolle o stand de Turespaña onde Turismo de Galicia promoverá a oferta turística da comunidade.

Galicia participa neste certame dende hai máis de 23 anos, debido á importante afluencia de público que visita a feira con moito interese polos produtos da oferta turística da nosa comunidade e que buscan ideas inspiradoras para planificar as vacacións do ano.

Os visitantes deste certame no espazo galego adoitan ser viaxeiros que organizan individualmente as súas vacacións, programando estadías de entre sete e quince días. 

Tamén a marca España Verde está moi consolidada neste mercado e un gran numero de viaxeiros belgas percorren as comunidades que a conforman, iniciando o seu percorrido no País Vasco e rematando na nosa comunidade.

No hay comentarios: