Buscar/Hemeroteca

domingo, 22 de enero de 2017

Turismo de Galicia entra no comité executivo da EHTTA

Turismo de Galicia foi admitida como membro do Comité Executivo da Asociación Europea de Vilas Históricas Termais (EHTTA) na pasada Asemblea desta asociación celebrada en Salsomaggiore (Italia). O director de Competitividade, José Luis Maestro, representou por vez primeira a Turismo de Galicia neste órgano executivo de decisión da EHTTA, a través do cal se deciden as  estratexias, orzamentos, proxectos e calendario de actividades, nunha reunión celebrada en Enghien-les-Bains, Francia.

O obxectivo destes encontros é articular entre os distintos socios un proxecto europeo que permita, recibindo financiamento comunitario, desenvolver as posibilidades do turismo termal desde o punto de vista da prevención da saúde e do benestar.

No Comité executivo están representados os socios de distintas vilas termais italianas e francesas, da asociación de vilas termais do Macizo Central francés e a cidade de Bath no Reino Unido e a cidade de Ourense.

Esta asociación está recoñecida polo Instituto Europeo de Itinerarios Culturais do Consello de Europa como representante do itinerario europeo das Vilas Históricas Termais, que traballa pola conservación do patrimonio material e inmaterial vencellado a estas vilas que tanta importancia tiveron na vida social e económica de Europa e tamén de Galicia.

Así mesmo, cumpre un papel de promoción turística deste recurso cultural que posiciona a Galicia como referente do turismo termal e cultural.


No hay comentarios: