Record de turistas estranxeiros en Galicia

O pasado ano 2016 foi un ano de récord para o Turismo en Galicia. Segundo os datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística (INE), a nosa comunidade recibiu un total de 4.935.323 viaxeiros rexistrando os seus establecementos regrados máis de 10 millóns de pernoitas, cifras que supoñen máximos históricos. Galicia rexistrou, así, no 2016 un incremento do 7,4% na súa cifra de viaxeiros e do 9,2% nas súas pernoitas en relación ao ano 2015.

O turismo internacional da comunidade incrementou nun 10,2% o seu volume de pernoitas e nun 7,8% a súa cifra de viaxeiros. Esta mellora supuxo que o mercado internacional acadase no pasado ano máximos históricos tanto de volume, con preto de 1,38 millóns de viaxeiros e 2,28 millóns de pernoitas, como de peso no conxunto da demanda representando o 27,9% dos viaxeiros e o 22,7% das pernoitas totais.

Pola súa parte, o turismo nacional da nosa comunidade subiu, nun 8,9%, consecuencia dun maior volume de viaxeiros españois aloxados nos establecementos regrados de Galicia que incrementáronse nun 7,2% -. Grazas a este incremento o turismo nacional rexistrou na nosa comunidade preto de 3,6 millóns de viaxeiros aloxados, acadando tamén un máximo histórico.