Buscar/Hemeroteca

lunes, 30 de enero de 2017

Posta en valor do Xeoparque do Cabo Ortegal

O deputado das áreas de Turismo e Patrimonio Histórico, Xosé Regueira e de Patrimonio e Contratación, Xesús Soto, reuníronse coa alcaldesa de Moeche e os alcaldes de Cerdido, Cariño, Cedeira, San Sadurniño, Ortigueira, Valdoviño para estudar as posibilidades que se abren para o Xeoparque do Cabo Ortegal.

Dentro do futuro Plan de Patrimonio, a mancomunidade de municipios e os proxectos conxuntos participados serán obxectivo prioritario, como se anunciou desde o inicio da preparación do novo programa que bota a andar a Deputación da Coruña. Con esa indicación, dende a área de Patrimonio apláudense as iniciativas encamiñadas a sumar esforzos para un maior aproveitamento das sinerxias na conservación e posta en valor do Patrimonio como a que están a desenvolver os sete concellos participantes no Xeoparque do Cabo de Ortegal,

Regueira sinalou que "O Plan nace coa idea de valorar o esforzo de se xuntaren diversos concellos cun obxectivo común. Ao noso ver, aproveitar sinerxias e traballar conxuntamente é un obxectivo claro para a conservación e difusión do patrimonio histórico polo que, neste sentido, valoramos moi positivamente a proposta que se está a artellar desde o Xeoparque do Cabo Ortegal, participada por sete concellos, como un proxecto que, considera que encaixa perfectamente coa filosofía do novo Plan de Patrimonio",.

Os alcaldes de Cedeira, Pablo Moreda; Cerdido, Benigno Galego; Cariño, José Miguel Alonso; San Sadurniño, Secundino García; Ortigueira, Juan Vicente Penabad, e Valdoviño, Albergo González, e a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, interesáronse na xuntanza polo encaixe do Xeoparque no plan da Deputación e valoraron moi positivamente esta nova vía de financiamento, fundamental para poñer en marcha este proxecto conxunto con garantía de futuro. 

Para os sete concellos, a achega da Deputación a través do Plan de Patrimonio será fundamental para iniciar os traballos no xeoparque de cara á presentación futura da súa candidatura á Unesco.

No hay comentarios: