Buscar/Hemeroteca

jueves, 26 de enero de 2017

Medio Rural seguirá potenciando a IXP Lacón Galego

Ángeles Vázquez (ao fondo) con Abel Yáñez
A Consellería de Medio Rural insistirá na potenciación da IXP Lacón Galego, ao tratarse este dun produto típico da nosa gastronomía. Así o manifestou a conselleira, Ángeles Vázquez, tras unha reunión mantida co presidente da citada Indicación, Abel Yáñez.

O presidente trasladoulle á conselleira a evolución da IXP nos últimos anos e entregoulle o último balance. Nesta xuntanza de traballo tamén se analizaron as accións desenvoltas e a desenvolver no futuro polo propio Consello Regulador en materia de promoción e difusión deste produto nos diferentes mercados.

En Galicia existen actualmente un total de 191 explotacións de Lacón Gallego e 13 industrias cárnicas e matadoiros. A produción amparada por esta Indicación Xeográfica Protexida alcanzou en 2015 os 5.761,34 quilos (cun total de 1.391 pezas). 

O lacón galego está recoñecido como denominación específica dende o 7 de febreiro de 1997. A zona de produción e elaboración comprende todo o territorio da Comunidade Autónoma galega. A IXP protexe as extremidades dianteiras do gando porcino tradicionalmente designadas co nome de lacón, una vez curadas. O proceso de elaboración do lacón consta de varias fases (salgadura, lavado, asentado e secado ou curado), cunha duración mínima de 30 días.

No hay comentarios: