Buscar/Hemeroteca

miércoles, 25 de enero de 2017

Mascarada Ibérica en Vilariño de Conso e Viana do Bolo

Os municipios ourensáns de Vilariño do Conso e Viana do Bolo acollerán esta fin de semana, os días 28 e 29 de xaneiro, respectivamente, a terceira edición da “Mascarada Ibérica”, coa que colabora a Deputación de Ourense. Na presentación desta cita cultural participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o deputado provincial de Cultura, Manuel Doval; o alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández; o presidente da Asociación Xuntos polo Folión de Vilariño, Carlos Veiga; e o presidente da Comisión Entroido Viana do Bolo, Jorge Domínguez.

O vicepresidente da Deputación de Ourense destacou o carácter cultural desta celebración que “concentra entroidos tradicionais a través da participación, neste caso, de 26 agrupacións de diferentes lugares, con carácter internacional pois transcende a fronteira hispana”. Asemade Rosendo Fernández felicitou aos organizadores desta iniciativa “por desenvolver esta mostra de alto valor etnográfico que a Deputación de Ourense apoia porque considera importante conservar a nosa tradición”.

O cartel desta edición confórmano un total de 26 agrupacións procedentes non só de Galicia, senón de outros puntos xeográficos de España como Asturias, Cantabria e Zamora, e mesmo de outro país, como Portugal. 

O vindeiro sábado, 28 de xaneiro, e a partir das 16.30 horas, as agrupacións concentraranse na parte alta de Vilriño de Conso e percorrerán nun desfile as rúas do municipio. Ao día seguinte, a programación trasladarase ata o municipio de Viana do Bolo no que ás 12.00 horas dará comezo no Toural e baixarase ata a Praza Maior do municipio. En ambos, os Folións irán mesturándose para poñer música ao desfile, explicou Jorge Domínguez.

No hay comentarios: