Buscar/Hemeroteca

viernes, 27 de enero de 2017

Lugo celebra a XVII Mostra de Teatro Clásico do 3 de febreiro ao 19 de marzo

O Auditorio Municipal Gustavo Freire, en Lugo, acollerá a XVII Mostra de Teatro Clásico, do 3 de febreiro ao 19 de marzo, complemetada cunha sección off, con actividades na rúa ou espectáculos de pequeno formato que terá lugar dende o luns 30 ao venres 19 de marzo en diferentes lugares da cidade..

Durante a presentación, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, explicou novidades desta edición, “achegando os clásicos teatrais ao público en xeral a través do grupo lucense Lucecús Teatro na Praza da Milagrosa, na Praza de Abastos, na Rúa San Marcos, na Praza Maior, na Praza de Augas Ferreás, e nos exteriores da Sala de Exposicións Porta Miñá e da Casa dos Mosaicos, así como en institutos, autobuses urbanos, no campus universitario ou nas Casas das Linguas, entre outros”.

Os prezos para asistir ás funcións teatrais se manteñen un ano máis. Na zona A serán 10 euros e na zona B, 8 euros, que contarán con desconto do 20% para persoas desempregadas, menores de 30 anos, pensionistas e artistas membros da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. As obras do programa off terán un prezo único de 5 euros e non entrarán nos bonos, que se estableceron para as 5 funcións da sección oficial, e que custan 35 euros.

Ata o 31 de xaneiro os bonos poderán mercarse a través do portal web www.entradaslugo.es e as entradas a través desta mesma plataforma ata 3 horas antes de cada función. Así mesmo, poden adquirirse no auditorio, os venres entre o 3 de febreiro e 19 de marzo, das 18:00 ás 21:00 horas, e o día da función dende unha hora e media antes do comezo do espectáculo, e no Centro de Interpretación da Muralla. As persoas que adquiran entrada con desconto deberán acreditarse na porta de acceso.

No hay comentarios: