Lugo amosa en Madrid o seu potencial turístico

O Presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, informou sobre a nova campaña de promoción turística da provincia lucense, que arranca o Goberno da Deputación baixo o lema “Lugo Cambia”. Faino en FITUR coa presentación de varios traballos audiovisuais en diferentes idiomas (galego, español, portugués, inglés e francés), que poñen en valor o conxunto dos recursos naturais, patrimoniais, culturais ou gastronómicos dos 67 Concellos da provincia, así como os específicos de cada un dos 4 xeodestinos turísticos nos que se divide o territorio lugués: A Mariña, que aglutina 15 municipios; Lugo-Terra Chá, con 26; Ribeira Sacra, con 13; e Ancares-O Courel, con outros 13.

O Presidente remarcou que segundo datos do INE a provincia tivo un millón de visitantes no 2015 e a pernotación media foi de menos 1,44 días, menos de 2 días. “Entre todos temos que mellorar estes datos, pois é posible pasar varios días en Lugo, gozando de distintas actividades ou paisaxes”. O Plan Integral de Turismo definirá ás actuacións que se deben poñer en marcha para que isto sexa posible. íficos de cada un dos 4 xeodestinos turísticos nos que se divide o territorio lugués: A Mariña, que aglutina 15 municipios; Lugo-Terra Chá, con 26; Ribeira Sacra, con 13; e Ancares-O Courel, con outros 13.

Simultaneamente ao desenvolvemento desta campaña de promoción para que “Lugo deixe de ser unha descoñecida”, o Presidente destacou que o Goberno da Deputación está a traballar na elaboración dun Plan Integral de Turismo cun claro obxectivo: “converter a Lugo nun destino turístico de referencia en España”.