Galicia, o Bo Camiño en Fitur

Stand de ediciones anteriores
Nesta nova edición de Fitur, o stand de Galicia estará situado máis preto da entrada principal ao Pavillón e próximo ao resto das Comunidades Autónomas que xunto a Galicia forman a Marca “España Verde”.

O deseño basease no mundo das guías de viaxes e manuais turísticos que convida aos visitantes a facer un percorrido por Galicia, con imaxes representativas de recursos turísticos e ilustracións de iconas galegas creadas con técnicas de papel dobrado para “documentar de forma animada”. 

A proposta é un convite directo ao visitante: “abre a guía...e sumérxete no universo de Galicia, que dentro hai moitas historias que contar.” O obxectivo céntrase na creación dun espazo diferenciado que resalte a autenticidade de Galicia como destino turístico con personalidade propia, transmitindo unha atmósfera cálida e acolledora que incite á visita a primeira vista.

Baixo o lema Galicia, o bo Camiño, o stand posicionará a marca do turismo galego, difundindo destinos, produtos, recursos e as novidades que compoñen a oferta turística xeral da nosa Comunidade, a través dos seguintes módulos: Galicia, Q Calidade, as catro provincias, as sete cidades, Camiño de Santiago, patrimonio natural, Experiencias, Galicia destino Startlight, así como un destacado espazo dedicado ás Festas de Interese Turístico Internacional e Naciona que disporá de información das mesmas. 

Ademais haberá una exhibición en directo de polbeiros, degustacións de polbo á feira, mostra de Artesanía de Galicia, así como unha exposición e obradoiro de fibras naturais levado a cabo pola prestixiosa artesana Idoia Cuesta, que elaborará unha escultura de bimbios na que poderán participar os visitantes.