Cabana e Malpica xestionarán o Dolmen de Dombate e o ecomuseo do Forno do Forte

A Depuación da Coruña asinou un convenio co alcalde de Malpica de Bergantiños, Eduardo Parga Veiga, para a xestión integral do ecomuseo do Forno de Forte de Buño, e outro acordo similar co alcalde de Cabana, José Muíño Dominguez, con respecto ao Dolmen de Dombate.

A través destes acordos, fomalizados polo deputado provincial de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xesús Soto Vivero,a Deputación transfire aos concellos a xestión dos bens culturais de titularidade provincial, para que organicen as visitas e servizos de guía, programen actividades, fomenten o estudo e a investigación do patrimonio da zona e se encarguen do mantemento e conservación dos mesmos durante o ano 2017.

Para poder levalo a cabo, a institución provincial aportará 120.000 euros aos concellos de Malpica e Cabana de Bergantiños para cubrir os gastos de xestión. Deste modo, a Deputación pon a disposición de cada concello un máximo de 60.000 euros co obxectivo de garantir a valorización e mantemento dos dous bens culturais.