A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou as bases que rexerán o concurso de deseño gráfico para elixir o cartel anunciador do Arde Lucus 2017. Como en edicións anteriores, o premio para o gañador ascende a 1.000 euros, sendo o traballo que anuncie esta festa declarada de interese turístico galego nesta edición.
Os traballos deberán presentarse en tamaño A-3, técnica libre, en soporte ríxido para facilitar a súa exposición. Farase en sobre pechado co lema do cartel, sen ningunha forma de identificación. Noutro sobre deberá indicarse o mesmo lema e os datos identificativos do autor.
O prazo para presentar os carteis está aberto ata o 15 de febreiro, debendo entregalos na Casa da Xuventude, de 10:00 a 14:00 horas en horario de mañá, e de 16:30 a 21:30 pola tarde, ou mediante correo certificado. Non se admitirán obras presentadas fóra de prazo.
Tras una votación popular previa a través da páxina oficial en Facebook do Arde Lucus, un xurado formado por tres persoas expertas seleccionará, entre as 10 de maior puntuación, a obra gañadora. O fallo levarase a cabo o 27 de febreiro ás 11:00 horas na Casa da Xuventude.
As bases están dispoñibles par todos os interesados na páxina oficial www.ardelucus.com, na web municipal www.lugo.gal, ou no teléfono de atención cidadá 010.