A Deputación de Lugo coa marca Pastores de Galicia

Pastores de Galicia é o novo selo, impulsado por OVICA, distingue no mercado a carne de cordeiro e de cabrito producida en Galicia. Servirá para incrementar o consumo deste tipo de alimento, que conta na provincia lucense coa maior porcentaxe de produtores de Galicia. A presentación desta marca de garantía presentouse na praza de Abastos de Lugo coa presencia do Vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos. 

O organismo provincial colabora con este iniciativa cunha axuda económica de 3.000 euros, coa organización dun showcooking e degustación, así como coa elaboración de material divulgativo e un vídeo promocional dende a TIC, que foi gravado por un equipo da Fundación TIC en varias explotacións da provincia, en concreto, nos Concellos de Friol e Guntín. Nel amósase o xeito especial de crianza e alimentación natural baseado no pastoreo, que empregan os criadores lucenses integrados nesta marca.

Precisamente, con este audiovisual os responsables do selo queren por en valor e darlle maior visibilidade a esta práctica natural de crianza que, segundo apuntan, marca a diferencia coa que se está a empregar noutras zonas produtoras de gando ovino e cabrún.

OVICA, con 174 socios en Galicia, ten a súa sede na capital lucense, e agrupa ao 50% dos produtores profesionais de ovino e cabrún de Galicia, que suman un total de 27.250 cabezas.