Turismo de Galicia manexará máis de 46 millóns de euros

O orzamento de Turismo de Galicia para 2017 medra un 5,4% ata superar os 46 millóns de euros, e servirá, segundo a directora deste depatamente, Nava Castro, para "artellar un turismo baseado na calidade, na excelencia e na innovación, elementos que permitirán a internacionalización e a diferenciación do destino Galicia. 

Este incremento está centrado especialmente nos fondos destinados á conservación e mantemento do Camiño de Santiago, partida dotada cun total de dous millóns de euros, e na execución de investimentos para a mellora dos recursos turísticos das entidades locais.

Estes orzamentos recollen por primeira vez novos proxectos que se poñerán en marcha no próximo ano como os Premios Parabéns de Galicia, destinado a impulsar actuacións de embelecemento da paisaxe galega, e a Rede de Miradoiros de Galicia e Rutas e Sendas de Galicia nos que se intervirá na adecuación do espazo de Estaca de Bares e no acondicionamento e sinalización da Ruta do Ulla e da Ruta da Lamprea.

Así, a directora de Turismo de Galicia sinalou que o orzamento de Turismo de Galicia para o vindeiro ano se investirá na mellora das infraestruturas turísticas e bens de interese público, a creación de novos produtos e rutas, así como o impulso da promoción e difusión do turismo, do Camiño de Santiago e do Centro Superior de Hostalería de Galicia.