Buscar/Hemeroteca

miércoles, 28 de diciembre de 2016

Reunión de Manuel Baltar cos CRDO dos viños ourensáns

www.depourense.es
No marco da rolda de contactos que mantén o presidente do goberno provincial cos titulares das denominacións de orixe vitivinícolas para analizar estratexias e proxectos de promoción e dinamización deste importante sector da economía ourensá,  o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse no Pazo Provincial cos presidentes dos consellos reguladores de Valdeorras, Monterrei e Ribeira Sacra, Francisco García, José Antonio Dasilva e José Manuel Rodríguez, e coa xerente do Ribeiro, Cristina Alcalá, 

Baltar informoulles que con motivo da recente misión empresarial USA-Ourense, celebrada en xuño pasado, "xurdiu a posibilidade, por medio dunha corporación estadounidense, da importación de viño de Ourense aos Estados Unidos". Neste sentido, Baltar analizou cos representantes dos CRDO ourensáns "as liñas de cooperación, procedementos, estratexias, oportunidades comerciais e cuestións que propón a dita corporación americana, circunstancias que favorecen a cooperación cara novos mercados para os viños da provincia de Ourense en USA, e para que as adegas teñan toda a información ao respecto, da man dos consellos reguladores", explicou o presidente da Deputación.

Tamén se falou da proposta de resolución aprobada no último Debate sobre o Estado da Provincia -celebrado o pasado mes de novembro-, referida á organización dunha "Feira Anual do Viño de Ourense", na que participarían as catro denominacións de orixe, "para que se visualice a importancia que ten dentro de Galicia e no ámbito nacional a produción vitivinícola ourensá, e para falar do presente e do futuro dos nosos viños".

Baltar destacou a relevancia que o sector vitivinícola ten para a provincia de Ourense, e froito das reunións periódicas que se veñen mantendo "a Deputación contemplou nos seus orzamentos unha partida de axudas para os catro consellos reguladores por importe de 50.000 euros para cada un deles no ano 2016", "axudas que se manterán en 2017 –confirmou Baltar- e que contribuirán a seguir potenciando a promoción deste importante sector da nosa provincia, e que tamén abranguen aspectos relacionados coa produción do viño".

No hay comentarios: