Presentación das Xornadas da Centola 2016

Este luns está previsto o acto de presentación da XIV Xornadas da Centola do Grove, que terá lugar nas Sala das Cunchas do Concello a partir das 18.00 horas e permitirá realizar o recoñecemento aos mariñeiros xubilados, nesta ocasión a tres irmáns: Francisco, Jacobo e Antonio Naveiro Montenegro, armadores dos barcos “Gran Solero”. Todos recibirán unha Centola de Prata polo seu traballo a prol da pesca e o marisqueo do Grove nun acto ao que se agarda que asistan membros da familia mariñeira do Grove.

Este acto servirá ademais para presentar a campaña promocional, que estará composta por material audiovisual e impreso coa finalidade de que se coñeza a Centola do Grove como unha marca e un produto de calidade específica. Ademais diso, as Xornadas da Centola manteñen o Concurso de Centola Viva, que se celebrará o vindeiro venres, 9 de decembro, ás 17.00 horas na lonxa do Grove. Un evento verdadeiramente espectacular onde os mariñeiros do Grove achegan as pezas de maior tamaño.

Deste xeito, ás XIV Xornadas da Centola do Grove téñense convertido nun punto de inflexión para a busca dun deseño adecuado para este evento que de cara á súa XV edición o vindeiro ano será transformado para garantir un bo funcionamento e, sobre todo, para a busca do recoñecemento que a Centola do Grove merece.