O bar Plaza gañador do III Concurso de pinchos de Outono do Ribeiro

A presidenta e secretario do Centro comercial aberto do Ribeiro, Rocio Estevez e Miguel Davila, xunto co presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro Felicisimo Pereira, fixeron entregados premios do 3° Concurso de pinchos de Outono do Ribeiro. unha edición que tuvo lugar desde o 2 ata o 11 de decembro, e que contou ca participación de 15 locais de hostelería. 

O bar que tuvo mais puntos gracias a votación dos clientes que probaron o pincho foi Bar Restaurante Plaza co pincho Sabores do Pobo, un pincho composto por lombo de porco alimentado de castañas cuberto de salsa de boletus, acompañado de puré de patacas e crema de grelos. 

Os gañadores dos lotes de viño e os dous cheques regalo de 50 Euros foron Bernardo Davila Fuertes e Montserrat Portas Cerqueiras. A maiores, o Consello Regulador, aportou un mega lote a quen harmonizara seu pincho cun viño da D.O. Ribeiro, galardón que gañou Maria Piñeiro Cerqueiras.