Buscar/Hemeroteca

jueves, 29 de diciembre de 2016

Medio Rural incrementa o apoio a promoción dos produtos do agro

O fomento da industrialización, a comercialización e a promoción do consumo dos produtos agroalimentarios galegos será protagonista da acción da Consellería do Medio Rural durante o vindeiro ano. O departamento que dirixe Ángeles Vázquez consignou para o 2017 un notable incremento das partidas orzamentarias destinadas a este fin, o que repercutirá nun reforzo das políticas de posta en valor das producións alimentarias de calidade na nosa comunidade.

Esta aposta plásmase na suba de tres partidas específicas. En primeiro lugar, medrarán preto do 35% os fondos para actuacións de promoción que leva a cabo directamente a Consellería, caso da asistencia a feiras e organización de eventos como as catas dos viños, augardentes, queixos e meles de Galicia. Serán, en total, máis de 800.000 euros.

Por outra banda, increméntanse por riba do 32%, cunha cifra de 3,8 millóns de euros, as achegas para financiar as actividades de promoción dos produtos de calidade que realizan os consellos reguladores de denominacións de orixe ou indicacións xeográficas protexidas, así como as asociacións de produtores.

Precisamente en relación con estas axudas, o Diario Oficial de Galicia publicou a correspondente convocatoria, que abarca accións de información e promoción que se realicen durante todo o ano 2017 e as que finalicen, como máis tarde, o 31 de xaneiro de 2018. Así, o orzamento para o vindeiro ano é de 2,6 millóns de euros, sendo para 2018 de 1,2 millóns. 

No hay comentarios: