Festa mini gin tonics en El Malandro Azul

El Malandro Azul, na compostelana Rúa do Vilar 85, celebra este xoves 15 de decembro a súa primeira Festa Mini Gin Tonics, a partir das 23:00 horas. Os asistentes poderán gozar coas creacións e habilidades de Marcos Martínez Iglesias, cocteleiro de Pernod Ricard quen manexará marcas distinguidas de xenebra e tónicas Premium co seu toque maestro.

O emblemático local abre unha nova etapa na que ofrece distintos ambientes ao longo do día: cafetería de mañá, vermutería para aperitivos e pub nocturno; co seu amplo horario de 8 a 3. Ademais, o seu servizo de cociña ofrece petiscos de elaboración propia.