Epifanio Campo, un ombro tamén na hostalería

É imposible que haxa unha sóa persoa que me coñeza e á quen no lle teña falado de Epifanio Campo,
para min, o prototipo, a referencia a seguir de empresario galego comprometido coa nosa Terra e a nosa xente , tal e como deberían de ser a totalidade da clase empresarial galega, honestos coa súa Terra e cos seus empleados.

Cando che anuncian o pasamento de a quen aprecias e admiras fondamente, a quen che unen fortes vencellos de amistade consolidada ao longo dos anos … non é doado asumilo nun primeiro intre. A desagradable noticia que me transmiteu aquela mañán Carlos López de Cedeira -compañeiro meu no Banco Sabadell-Gallego e bo amigo da familia Campo-sentoume coma se me botaran auga xeada polo corpo, caeume a alma o chán. Facíaseme imposible o asumir que Epifanio (estoume referindo a Camilo e Manolo Viñas ¡que grandes amigos, que grandes persoas!), éramos coñecedores da batalla que viña librando, apoiado polos seus, coa enfermidade, pero sempre quixen pensar que Epifanio sería quen de sair gañador.

Cando un amigo nos deixa..., unha parte de nós acompáñao nesa derradeira viaxe, do mesmo xeito que algo dela queda tamén para sempre con nós. Este é o caso de Epifanio para conmigo e moitas persoas mais. Temos vivido xuntos historias tan profundamente humanas e fermosas que puideran asemellarse a aquelas nas que o suxeito principal éra o heroe que loitaba sempre en pro dos mais necesitados, defendendoos e axudandoos diante das dificultades.

Considérome un afortunado por ter coñecido a persoas como Epifanio. Coñecino persoalmente polos anos 1990, ainda que con anterioridade xa tiña escoitado falar da grande laboura en favor do deporte e a cultura na súa vila “da alma” Vilalonga. As nosas relacións intensificáronse a partires do ano 1993, data na que o Banco 21 – entidade na que Epifanio participa como socio fundador xunto a outras persoas e/ou entidades como Amancio Ortega, Grupo Cuquejo, a familia Entrecanales ou Juan Manuel Urgoiti- merca o Banco Gallego.

Comenza aquí unha relación profunda que dou pé a unha grande amizade. Fun coñecendo cada unha das empresas que conformaron un holding empresarial moi importante para Galicia, ao tempo que ía vivindo de perto o trato que mantiña cos seu entorno humano na media ducia de cerámicas e similares, tres eólicas, siderúrxica entre outras de servizos, Sogadisa, Inversiones Hosteleras de Galicia e Tojamar, son algunas das actividades empresariais afincadas en Galicia e participadas por esta familia. Nalgunha delas fun testemuña excepcional dende a súa creación. 

Epifanio foi un empresario galego que apostou sempre pola posta en valor de Galicia. Prácticamente o cen por cen das súas empresas están ubicadas aquí; tiña moi claro que para que unha empresa funcione e sexa rentable, é necesario facerlle ver ao equipo humano que son a peza esencial do engranaxe e que o resultado depende en boa medida da súa implicación; pero que para logralo, sabía tamén que tiñan que sentirse queridos e valorados, e así o fixo, escoitando e sabendo das necesidades,
non só das persoas que formaban parte das súas plantillas, senón tamén das súas familias.

Ten loitado sempre dende, por e para Galicia e os galegos; valga de exemplo final o empeño e a dedicación que amosou para que puideramos contar en Galicia con unha entidade financieira propia, o Banco Gallego.

Quixera rematar coas verbas de monseñor Luis Quinteiro, Bispo da diócesis de Tui-Vigo: “Campo era un home entrañable (…), un dos grandes empresarios desta Terra. Comprometido socialmente, deixa unha pegada profunda en toda a nosa historia recente”. Así é, benquerido Bispo, fóisenos un gran empresario e mellor home, botarémolo moito de menos, pero quédanos o consolo de que está a beira dos seus pais e familiares, moi especialmente do seu irmán Demetrio.

Ata sempre benquerido Epifanio, aqueles que coma min tivemos a inmensa sorte de terche coñecido terémoste sempre presente en nós !!

Francisco López “Chesqui