Buscar/Hemeroteca

lunes, 5 de diciembre de 2016

Visitas guiadas gratuítas por Lugo durante a ponte

Durante a ponte de decembro, Lugo organiza un programa de visitas guiadas para facilitar o coñecemento dos museos, os monumentos e os lugares máis emblemáticos de Lugo, ademais de difundir a súa historia. 

Ata o 11 de decembro está prevista unha visita diaria, con saída ás 12:30 horas dende a Oficina Municipal de Turismo, situada na Praza do Campo, 11. Para participar nestas visitas é preciso inscribirse previamente na propia Oficina Municipal de Turismo, ou chamando ao teléfono 982-251-658.

Según explicou a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, que dirixe Carmen Basadre, as visitas serán realizadas polas guías oficiais de turismo que traballan habitualmente na cidade e terán unha duración duns 90 minutos. Estas visitas serán gratuítas para toda a cidadanía e os turistas que desexen participar nas mesmas. 

No hay comentarios: