Buscar/Hemeroteca

sábado, 31 de diciembre de 2016

A cifra de peregrinos en 2016 supera a cifra do Xacobeo 2010

O ano 2016 foi un ano histórico para o Camiño de Santiago xa que recolleron a súa Compostela un total de 278.041 peregrinos. Isto supón superar por vez primeira a cifra do Xacobeo 2010 e rexistrar un incremento do 5,99% con respecto aos peregrinos que acudiron á oficina do peregrino no ano 2015. 

En relación aos mercados, os peregrinos estranxeiros supuxeron máis do 55% do total. Concretamente contabilizáronse 153.726 peregrinos internacionais na oficina de Santiago de Compostela. 

As procedencias foron moi diversas, contabilizándose un total de 146 países de orixe distintos o que mostra a gran capacidade do Camiño para atraer visitantes de todo o mundo. Despois de España, o país do que procederon mais peregrinos no ano 2016 foi Italia. 

Tras Italia, o ranking dos 10 principais países emisores de peregrinos estranxeiros continua con Alemaña, Estados Unidos, Portugal, Francia, Irlanda, Reino Unido, Corea, Australia e Brasil.vTamén ocupan postos relevantes países como Canadá que se sitúa no posto duodécimo, México que está na décimoquinta posición ou Xapón que é o vixésimo país de onde acoden mais peregrinos internacionais. 

No relativo aos camiños, a ruta que segue sendo a mais demandada é o Camiño Francés. En total 176.180 peregrinos realizaron esta Ruta representando máis do 63% do total dos peregrinos que chegaron a Santiago. 

Tras o Camiño Francés, o Camiño máis transitado foi o Portugués con mais de 52 mil peregrinos, o que representa o 18,76% do total. A estas dúas rutas séguenlle o Camiño do Norte que ten un peso sobre o total do 6,23%, o Primitivo cun 4,35%, o Inglés cun 3,49% e a Vía da Prata cun 3,26%.

No hay comentarios: