Buscar/Hemeroteca

martes, 29 de noviembre de 2016

Unha delegación chinesa explora posibles inversións no sector agroalimentario galego

Unha delegación do goberno de Hunan, unha provincia do surleste de China, interesada en facer investimentos no estranxeiro, especialmente no sector agroalimentario foi recibida pola conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, e a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo. 

Así, tanto un representante deste executivo como portavoces de distintas empresas asistiron a esta reunión para descubrir as vantaxes e atractivos da nosa comunidade neste sector e explicar as súas necesidades. Neste senso, Ángeles Vázquez faloulles da posición punteira da nosa comunidade en ámbitos como o lácteo, o vitivinícola, o cárnico, pero tamén no forestal. “Todos elas, áreas nas que Galicia ten aínda marxe de crecemento”, sinalou Vázquez. 

A delegación está composta pola representante en Europa da provincia de Hunan, Wen Fei, o CEO de China Center de París, Hong Tian, o presidente de OSA (Oficina de Arquitectura Sostible), Francisco Concejo, e os socios da consultora internacional Axperia Ventures, Armando Priegue-Freire e Enrique Luis Sánchez Arias. Todos eles mantiveron un encontro coa titular do Medio Rural para coñecer os puntos fortes da nosa comunidade e ver as posibilidades que lles ofrece o noso territorio de cara a implantación das súas empresas. Os responsables de Hunan téñense interesado por Galicia precisamente pola capacidade do seu sector agroalimentario coa intención de estudar posibles investimentos e establecer canais de exportación cara China. 

Este encontro forma parte da estratexia que está a desenvolver o goberno desta provincia en diversas rexións do mundo e para a que dispoñen dun importante orzamento. No caso de Galicia, a súa visita duraba dous días.

No hay comentarios: