Buscar/Hemeroteca

lunes, 7 de noviembre de 2016

Turismo de Galicia participa na World Travel Market (WTM),

Turismo de Galicia promove esta semana en Londres a oferta turística galega dentro da World Travel Market (WTM), a principal feira turística do mercado británico. Trátase dun dos eventos turísticos máis importantes do mundo, xunto coa Bolsa Internacional de Turismo (ITB) de Berlín e a Feira Internacional de Turismo (Fitur) de Madrid.

Dada a importancia do evento e do mercado británico, Turismo de Galicia aposta por esta feira aumentando nesta edición as dimensións do seu stand en relación a edicións anteriores. Deste xeito, disporá dun espazo singular de 50 m2 que inclúe unha zona para atención de profesionais e tres mostradores destinados á oferta turística galega e ao Camiño de Santiago.

Así mesmo, manterá encontros cos profesionais do sector e insistirá na promoción dos valores da marca do turismo galego e os seus principais produtos turísticos co obxectivo de afianzar a chegada de turistas británicos a nosa comunidade. 

Ademais, potenciaranse as relacións entre os empresarios turísticos de Galicia e os operadores británicos e do resto do mundo presentes neste certame. Turismo de Galicia viaxa un ano máis xunto ao Clúster de Turismo de Galicia e unha trintena de empresarios e representantes do sector galego.

No hay comentarios: