
O primeiro premio, que representará a Lugo nos distintos certames, foi para a tapa AC-543, servida no establecemento Paprica, a mesma que gañara o premio de tapa ecolóxica; o segundo foi para a tapa Carabinieri, da Arrocería Os Cachivaches; e o bronce, para A sopa e o mar, do establecemento Colón, gañadora tamén da votación popular.
Así mesmo, entregáronse os premios para o maridaxe con Estrella Galicia, que recaeu na tapa Vieira, Salteado de Verduriñas, Alga e Crocante de Xamón, do establecemento Xoldra, e o do maridaxe con viño DO Ribeira Sacra, para Carabinieri.
O xurado estivo composto por Quique Rodríguez, Chef do Hotel Villa Magna de Madrid e fundador da revista gastronómica dixital Gastronómicum; Martín Mantilla, chef do restaurante O Grelo de Monforte de Lemos; Celina Lozano, experta en periodismo gastronómico e blogger gastronómica e Alejandro Penalonga, sumiller.