Nova edición do Festival de Jazz de Lugo

O Círculo das Artes acolleu a presentación da XXVI edición do Festival de Jazz de Lugo co que colabora o Concello e a Deputación, e que terá lugar do 11 ao 20 de novembro na cidade de Lugo.

Asistiron a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, a Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García, e o Presidente da Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, José Luis Díaz.

Carmen Basadre invitou a todos os amantes da música a que non deixen pasar a oportunidade de gozar da oferta de calidade deste festival de jazz, ao tempo que adiantou que este ano, como novidade, haberá un concerto con motivo do XVI aniversario da declaración da Muralla Romana como Patrimonio da Humanidade.

Pola súa banda, García Porto subliñou que “dende a Deputación de Lugo colaboramos para a consolidación deste espazo cultural e musical que cada ano vai crecendo, e que achega a provincia profesionais do mundo do jazz de primeiro nivel. Ademais, con este tipo de actividades lúdico-culturais impulsamos o consumo e dinamizamos a vida na cidade”.

Programa XXVI Festival de Jazz de Lugo | Descargar pdf