Buscar/Hemeroteca

miércoles, 30 de noviembre de 2016

Namórate do mexillón con Miguel Mosteiro

Mexillón de Galicia con salsa diabla; Mexillón de Galicia con guacamole e tomatitos encurtidos; e Mexillón de Galicia á mariñeira. Esta é a suxestiva proposta que elaborou o cociñeiro Miguel Mosteiro no segundo taller de cociña que se celebrou no Centro Comercial Arousa de Vilagarcía co Mexillón de Galicia como produto estrela.

“Namórate do mexillón” é o título desta iniciativa aberta a todas as persoas que queiran saber que fai do Mexillón de Galicia un produto sen comparación polas súas propiedades nutritivas, que o converten nun alimento idóneo para calquera idade, así como polo seu exquisito sabor e enorme versatilidade na cociña, cualidades que fan deste marisco un ingrediente idóneo para os menús de nadal.

Como xa ocorrira no primeiro taller, persoal da DOP ofrecereu unha charla informativa sobre os beneficios da inxesta deste bivalvo e a certidume que representa para o consumidor adquirir mexillóns amparados pola marca Mexillón de Galicia, a única que garante unha calidade superior e unha orixe cento por cento galega.


No hay comentarios: